Remontada do Compostela en As Eiroas, (1-2)


Xornada 9 da Segunda Federación, Fabiano, adestrador do Compostela, citaba ao Bergantiños como un equipo “moi agresivo” no seu terreo de xogo, e certo que o foi durante boa parte do primeiro tempo. Froito da insistencia e o traballo chegaba o 1-0 ao marcador no minuto 35, gol de Carlos López, o ferrolán situábase nese momento como pichichi da categoría con 6 goles e con ese resultado chegaríase ao descanso en As Eiroas.

A segunda parte comezou de fronte para o once santiagués, que igualou o partido cun tanto de Roque ao pouco tempo da continuación, concretamente no minuto 49. Tras unha nova xogada aumentou o marcador do equipo visitante, que cambiou as tornas no marcador logrando o 1-2 por medio dun gol de Fer Beltrán no minuto 84, finalizando o partido co resultado de 1-2. Con esta nova derrota o Bergantiños queda con oito puntos no posto 14 e o Compostela con 12 puntos no posto 11 da clasificación xeral. A próxima xornada o equipo carballés xogará fóra da casa ante o Burgos Promesas.