39
A Deputación colaborará co Concello de Coristanco na necesidade urxente de substituír a actual rede de abastecemento a Centiña, construída en fibrocemento, que está sufrindo roturas e avarías de xeito constante. A nova rede executarase en tubaxe de fundición dúctil de 200 mm de diámetro e funcionará por gravidade.
As obras divídense en dous tramos, o primeiro deles ata a capela de San Antonio de Centiña e o segundo desde este punto, en dirección norte pola estrada DP 2904 ata o entronque coa rede existente na estrada AC-552.