49
O Bergantiños FC emitiu un comunicado este luns no que informou da renovación, por unha tempada máis, do corpo técnico do equipo Xuvenil A.
O adestrador Óscar Lema «Mingui» e o preparador físico Arsenio Velasco, continuarán no banquillo do Xuvenil logo de conseguir o ascenso á Liga Nacional.
Ademais «Brus» Cancela seguirá levando a cabo a súa labor como delegado do equipo na volta a esta competición.