Renovación | Héctor Méndez dirixirá ao Calvo Basket Xiria na Liga EBA


Estos últimos días pechouse o acordo de renovación entre Héctor Méndez  e a  Escola Basket Xiria, para continuar o gran traballo feito a tempada pasada, xa que permitiu recuperar a praza para Carballo en Liga EBA, nun prazo moito mais curto do que se pretendía dende o Club. Será a súa primeira tempada adestrando a un equipo en ligas F.E.B., logo de gañarse o ascenso a Liga EBA o pasado mes de maio, pero conta cunha contrastada experiencia en categorías de formación ao longo de moitos anos, sendo adestrador superior dente 2017.

Ademais do traballo destes anos, é notorio a vocación de formación, por parte de Héctor Méndez, xa que é un dos adestradores habituais das seleccións galegas e do organigrama da Federación Galega de Baloncesto nos anos 2009/10 e actualmente dende 2017/2022 coa Selección Cadete Masculino.

Con esta renovación o Calvo Basket Xiria da o pistoletazo de saída para configurar o equipo que a vindeira tempada disputará e representará a Carballo de novo na Liga EBA.

Traxectoria Deportiva Héctor Méndez:

  • Adestrador CALVO BASKET XIRIA (Autonómica + Liga EBA).

Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2021/22 e actual – 2 anos.

  • Adestrador Axudante CALVO BASKET XIRIA (Liga EBA).

Escola Basket Xiria. Dende Tempada 2019/20 e 20/21 – 2 anos.

  • Adestrador BASQUET CORUÑA (Liga EBA).

Club Basquet Coruña. Dende Tempada 2005/06 ata 2018/19 – 13 anos.