Renovación na executiva do PSOE de Carballo

María Carmen Vila Blanco_Foto de archivo

  • A elección fíxose por aclamación ao só presentarse unha lista.

A agrupación local do PSdG-PSOE en Carballo renovou este sábado a súa executiva. A elección, segundo sinalan desde o partido, fíxose por «aclamación» ao presentar só unha lista.

A composición da mesma quedou da seguinte maneira: María Carmen Vila Blanco como secretaria xeral, Juan Ramón Rama Pose como vicesecretario xeral e de comunicación, César Fernando Varela Novo será secretario de Organización, Valentín Costa Trillo estará na Secretaría de Política Municipal mentres que María Isolina Loureiro Tasende ocupará a de Finanzas e Asuntos Sociais. Da Secretaría de Turismo, Cultura e Deporte ocuparase David Antonio Mato Mariño e Xosé Antón Iglesias García actuará como secretario de Seguridade e Mobilidade.

A formación manifestou que seguirá a mesma liña de traballo destes últimos anos.