Renovada a base de helicópteros de Castromaior en Abegondo


A mellora da infraestrutura consistiu na demolición de parte dos edificios existentes, na construción dun edificio de nova planta que inclúe espazo para a tripulación da brigada helitransportada e na emisora da base. O novo edificio representa un avance en canto á calidade da construción, maior funcionalidade e mellores condicións para o traballo. Dentro das obras do proxecto ampliouse a plataforma de toma dos helicópteros, ademais da creación dun aparcadoiro para vehículos e a substitución do peche perimetral da propiedade. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, xunto co alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, visitaron este xoves estas renovadas instalacións que contaron cun investimento de case 500.000 euros.