Renovada a base de helicópteros de Lomba en Santa Comba

1 minutes read

As obras consistiron na construción dun novo edificio que consta de catro partes diferenciadas: espazo para brigadas helitransportadas, sala de instalacións, aloxamento para tripulacións e emisora da base. Ademais construíronse dous novos aparcadoiros para helicópteros. Esta renovación permite ademais mellorar a posibilidade de que varios helicópteros poidan estacionar simultaneamente sobre placa de formigón, en consonancia coa normativa de AESA. A base de helicópteros de Lomba opera durante 6 meses ao ano cun helicóptero de tipo medio na campaña de verán e cun helicóptero tipo lixeiro o resto da prestación. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou o resultado das obras de mellora nas que a Xunta investiu case 500.000 euros.