A Agrupación local do PsdeG-PSOE de Cerceda, vén de renovar a súa executiva local. A ex deputada autonómica, Silvia Fraga, volve a saír elixida Secretaria Xeral co apoio unánime da asemblea da agrupación cercedense. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez García, terá o cargo de Presidente da Agrupación, e a deputada autonómica, Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, será Vicesecretaria Xeral e Secretaria de Política Institucional e o 1º Tenente de Alcalde, Jesús Rama Bello, estará ao fronte da Secretaría de Organización e Política Municipal, aposta por combinar veteranía con renovación, e quere facer desta organización o alicerce fundamental na estruturación da participación da localidade cercedense.
A executiva está composta por outros tres membros do equipo de goberno municipal: Catrina Queijo García, Cristina Capelán Cancelo e Ángel Gestal Gómez. Por varios compañeiros/as que empezaron militando nas Xuventudes Socialistas de Cerceda: Miriam Casás García, Roberto Raña Rocha, Silvia Lois Fraga e Francisco Javier Pérez Liñares. Así como por unha das fundadoras da agrupación local do PSdeG-PSOE de Cerceda, Aurora Ríos Rodríguez, e por outros militantes fondamente comprometidos/as. A candidatura encabezada por Silvia Fraga responde a criterios de representación territorial de tódalas parroquias de Cerceda, está formada por 7 homes e 10 mulleres e a media de idade son os 47 anos. Foi aprobada por unanimidade.