Renovada a iluminación do monumento dos Cabalos da Praza de España de Vigo


O alcalde, Abel Caballero, explicou que o goberno municipal realizou unha actuación de mellora no monumento, “unha obra marabillosa e excepcional”, que “levaba anos sen ser revisada”. A escultura foi sometida a unha revisión estrutural que derivou na reparación das patoloxías detectadas: a eliminación das fisuras, a protección das chapas anti corrosión e a impermeabilización do vaso de fonte que perdía auga.

O Concello puxo en funcionamento a nova iluminación do conxunto escultórico que se dotou de 8 proxectores led de alto rendemento lumínico e no que se instalaron novas bombas de auga de cascada da fonte que levaban algún tempo sen funcionar. Amais plantouse vexetación na zona verde.