Renovada e completada a sinalización carballesa da Ruta das Férvedas

1 minutes read

A actuación que levou a cabo a Concellaría de Medio Ambiente e Servizos implicou un total de 291 actuacións encamiñadas a mellorar a sinalización existente, a repoñela ou a ampliala a determinados puntos nos que se considerou necesario colocar novos sinais, en función dun minucioso traballo técnico que se realizou previamente, e conforme á normativa da Federación Galega de Montañismo. Entre os elementos instalados figuran 126 placas de PVC, 120 postes baixos e 9 altos. A Ruta das Férvedas comeza na Brea e remata xunto á férveda de Entrecruces, onde o río Outón se precipita ao baleiro dende máis de 40 metros de altitude. Camiña polas corredoiras nos máis segredos recunchos da Depresión Meridiana, que separa as terras altas e baixas das parroquias de Rus e de Entrecruces. Antigos sendeiros, aínda coñecidos como camiños reais, que nos guían ata fermosos tramos de vexetación autóctona e de ribeira.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?