O Concello de Carballo renova con Cáritas o mantemento do centro de día de Berdillo

Concello de Carballo

  • A Administración local destinará 15.000 euros que Cáritas, cartos que poderá complementar con outras subvencións

Este martes o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou un convenio de colaboración con Cáritas Parroquial de Bergantiños para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños, situado en Berdillo. En representación da Administración local tamén acudiu a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures; mentres que por parte da entidade social estiveron o seu director, Francisco Suárez, e o párroco de Carballo, José García Gondar.

O Concello colaborará no sostemento do centro de día cunha achega de 15.000 euros que Cáritas poderá complementar con outras subvencións. A cambio, a entidade social comprométese, entre outras medidas, a facilitar o acceso ao servizo de persoas propostas polos Servizos Sociais municipais.