Renovado o firme en varios puntos das parroquias de Canduas e Cesullas, Cabana

Cedida

  • O proxecto contou cun orzamento de máis de 91.000 euros financiados a través do Plan Único da Deputación

O Concello de Cabana concluíu os traballos de aglomerado en varios puntos das parroquias de Canduas e Cesullas. As reparacións contaron cun investimento de 91.508 euros financiados a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

Trátase do terceiro paquete de obras rematado nas últimas semanas na rede de estradas municipal. Segundo explicou o rexedor, José Muíño, estes traballos supoñen «unha notable mellora das prestacións de moitas vías grazas a unha partida total de case 240.000 euros coa que tanto veciños como visitantes van poder circular polo municipio con moita maior comodidade e seguridade».

No caso desta última intervención melloráronse as conexións entre os núcleos de Taboído e Piquita, Taboído e Mato e Áspera con Curro, onde se procedeu á retirada de masa vexetal, limpeza de cunetas e pavimentación con aglomerado asfáltico en quente, ademais do correspondente pintado de marcas viarias. Tamén se melloraron estradas en Ponteceso de Cabana e en Esmorís.