35
- O Concello procedeu á mellora do espazo tras a solicitude da Asociación de San Adrián
O Concello de Ponteceso renovou o parque infantil da praia da Hermida cunha mellora das instalacións, tal e como xa solicitara a Asociación de San Adrián.
Agora o parque conta con novas estruturas de madeira que compoñen un espazo lúdico con randeeira, tobogáns e xogos de habilidades. Nas proximidades, ao carón do propio areal (por onde pasa o Camiño dos Faros) tamén hai un merendeiro con mesas e bancos de pedra.