Renovados 58 ecógrafos en xinecoloxía e obstetricia dos hospitais galegos

1 minutes read

O Servizo Galego de Saúde formalizou en xuño por un importe total de 4,1 millóns de euros os contratos coas empresas adxudicatarias da licitación deste material autorizada polo Consello da Xunta en decembro do pasado ano. As contratacións realizadas teñen achegado novo equipamento de ecografía á totalidade dos hospitais da rede pública galega, incluíndo os sete hospitais comarcais, que teñen recibido todos eles cando menos un novo ecógrafo. Estes contratos forman parte do proceso de renovación do equipamento sanitario emprendido nesta lexislatura e ao que a Xunta de Galicia está destinando boa parte dos fondos europeos que recibe. Así, o equipamento obxecto destes expedientes de contratación é susceptible de financiamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da covid-19.