Renovados os camiños en Fenllido, Coéns e nas Virtudes, en Laxe

1 minutes read

O Concello de Laxe finaliza as obras de renovación dos camiños de Fenllido e As Virtudes no lugar da Torre, que contaron cun investimento de 48.009 euros, financiados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

Esta actuación, que forma parte do Proxecto de Mellora de Camiños rurais en Laxe As Virtudes, pretende facer unha renovación das estradas rurais no municipio, co obxectivo de facilitar o tráfico nestas vías e mellorar a seguridade para a veciñanza.

Segundo indicou o alcalde de Laxe, Jose Luis Pérez Añón, “esta actuación forma parte da estratexia do noso equipo de Goberno de mellorar as comunicacións das estradas rurais do municipio, co fin de facilitar os desprazamentos diarios da nosa veciñanza e, ao mesmo tempo, mellorar a súa seguridade”.

En Coéns, o Concello de Laxe destina un total de 49.505,46 euros renovar e mellorar distintos camiños no lugar. Esta actuación está financiada a través do Plan Único de Concellos da Deputación da Coruña, o programa de mellora da entidade provincial para financiar obras e servizos públicos nos Concellos. Con esta obra, centrada na pavimentación da zona, Laxe contribúe a facilitar a circulación de vehículos no municipio, ao mesmo tempo que mellora unha infraestrutura de carácter básico, que redundará na calidade de vida da veciñanza.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?