Repartición de puntos en As Eiroas entre o Bergantiños e o UC Ceares (0-0)


  • O Bergantiños FC dominou e tivo as mellores ocasións, ante un UC Ceares que aguantou a base de coraxe o empate inicial ata o asubío final.

Os dous conxuntos presentábanse en As Eiroas nesta segunda xornada da Segunda División RFEF tras senllas derroras a pasada semana nos seus correspondentes partidos. Os carballeses 0-3 ante o Langreo e os asturianos 0-2 ante o Leganés B.

Ningún dos dous equipos estivo acertado este domingo de fronte ao gol, polo que houbo repartición de puntos, 0-0 no marcador, que son os puntos que suman ambos os equipos, de momento, na clasificación xeral da categoría.

O punto deixa mellor sabor de boca aos xixoneses, que estiveron sometidos por un Bergantiños superior, que levou a iniciativa case de principio a fin e dispuxo das mellores ocasións. O Ceares aguantou con vida e tentouno nalgunha contra, pero sen sorte, terminando acosado polo conxunto carballés, que lanzou varios córneres e buscou a vitoria ata o final, pero sen fortuna de fronte ao gol.

O Bergantiños FC continua adaptándose a un bo nivel de xogo e medirase a próxima xornada ao Salamanca UDS.