O Viveiro C. F. contrarrestou ben as liñas atacantes do Bergantiños F. C. no partido xogado este domingo ante 240 persoas en As Eiroas, correspondente á Xornada 21 da Terceira División Grupo 1. No valance do encontro o adestrador do conxunto carballés, José Luis Lemos, definiu o resultado como xusto nun equipo que demostrou «máis corazón que ideas», alavando tamén o traballo do rival. O forte vento reinante en Carballo este domingo tampouco axudou nada á circulación do balón con precisión no terreo de xogo. O míster afirma que «se pelexará polo ascenso directo, tentando sumar os tres puntos en cada un dos sete partidos que restan de tempada», senón hai contratempos.
Declaracións de ambos os adestradores ao final do partido