O respecto e o medo para perder asinaron un partido eslamiado en Riazor, con poucos tiros a porta e cun empate sen goles que podemos cualificar de xusto tras o demostrado por ambos os equipos no terreo de xogo, quizais o Depor debeu de poñerlle un pouco máis de ganas e insistencia ofensiva, polo refacho arrastrado de hai unhas semanas e por xogar en casa. Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo, asumiu sen ningún tipo de problema a súa culpabilidade no empate ante o Lugo. Os branquiazuis levan un refacho de tres partidos sen coñecer a vitoria, e recoñeceu que volverá facer contas para analizar o obxectivo da salvación. Á hora de analizar os cambios tardíos, recoñeceu que “a forma na que xogamos, non é fácil modificar para mellorar. Unicamente se rompemos a estrutura que estamos a ter. Defensivamente somos un equipo serio, difícil de penetrar, que nos fagan dano, pero hoxe necesitabamos o aspecto ofensivo para gañar e neste sentido tardei porque non vía a situación clara. E cando o fixen non creo que estivese acertado”.
39