35
O Paiosaco-Hierros e o CSD Arzua xogaron un vistoso encontro este domingo na Porta Santa. Cunha parte destacada para cada conxunto. O equipo larachés, moi necesitado de puntos, centrouse en ofrecer a súa mellor versión, pero aos 29 minutos atopouse cun gol en contra de penalti que materializaba Iker e que faría dobrete 6 minutos máis tarde. 0-2 perdía o Paiosaco ao descanso. Xa na segunda parte chegou o gol para o equipo larachés, que recortou diferenzas no marcador cun gol, tamén desde o punto de penalti, de Eiroa no minuto 65. Sumou outra vez o conxunto local, que reaccionou na contenda poñendo o 2-2 cun tanto de Otero aos 83 minutos, terminando desta maneira o partido co resultado de 2-2.