O recén reelixido alcalde de Muxía, Iago Toba, confeccionou o reparto das áreas do novo goberno municipal, que somou dos concellerías máis á mesa do pleno.
O novo goberno local xa está traballando e realizando as primeiras xestións do mandato, que se formalizará en pleno nos vindeiros días. Así, o novo executivo fará públicas as liñas de traballo a realizar nesta primeira etapa, unha vez formalizado o goberno e o reparto de áreas en sesión plenaria.
O rexedor asumirá as áreas de Persoal, Turismo e Emprego, mentres que os compañeiros do seu anterior mandato, Olalla Benlloch e Javier Romar, estarán ao fronte das concellerías de Cultura, Educación e Igualdade; e Obras, Parroquias, Medio Rural e Seguridade, respectivamente.
Ademais, a número 4 deste goberno, Patricia Domínguez, será a encargada de Servizos Sociais, Asesoramento ao cidadán e Consumo. O número 5, Felipe Vilela, será o responsable de Deportes, Xuventude e Asociacionismo.
Distribución das concellerías de Muxía
O alcalde, Iago Toba, asumirá as competencias das áreas de Persoal, Turismo e Emprego.
- Olalla Benlloch, primeira tenente alcalde e concelleira de Cultura, Educación e Igualdade.
- Javier Romar, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Parroquias, Medio Rural e Seguridade.
- Patricia Domínguez, concelleiro de Servizos Sociais, Asesoramento ao cidadán e Consumo.
- Felipe Vilela, concelleiro de Deportes, Xuventude e Asociacionismo.