Repartidas as novas áreas de goberno en Muxía

1 minutes read

Tras a tempestade, chegou a calma -relativa- ao concello de Muxía, logo de darse de baixa do Partido Socialista os concelleiros Mónica Vilela, Manuel Caramés, Tania Romero e Irma García e o seu paso ao grupo dos non adscritos, as áreas de goberno estarán xestionadas por Iago Toba, Olalla Benlloch e Javier Romar.

O rexedor asumirá as carteiras de Servizos Sociais, Emprego, Turismo e Medio Ambiente. Olalla Benlloch asumirá as áreas de Educación, Cultura, Igualdade e Xuventude. Javier Romar, pola súa banda, adicarase a Obras, Parroquias e Medio Rural.

A corporación municipal seguirá composta, polo tanto, polo Partido Socialista, o Partido Popular conta con Sandra Vilela, Sofía López e Javier Lema, o Bloque Nacionalista Galego con Carlos Fernández, e os non adscritos con Mónica Vilela, Manuel Caramés, Tania Romero e Irma García.