As parroquias de Carballo contan con máis de 1.000 trampas contra a velutina

Trampas velutina_Concello de Carballo

  • A Xunta de Goberno Local aprobou este luns a adhesión ao convenio da Xunta e a Fegamp para o control da especie

A tan só un días de coñecer o balance do primeiro mes da campaña de trampeo da avespa velutina, que en Carballo se leva realizando desde fai uns anos entre marzo e maio, o Concello segue repartindo mecanismos para coller estes insectos. Actualmente 150 voluntarios, apicultores na súa maioría, xa levan colocadas máis de 1.000 trampas por todas as parroquias.

Para seguir loitando contra esta invasión, na Xunta de Goberno Local celebrada este luns aprobouse a adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp para impulsar medidas de vixilancia e control fronte á avespa asiática. Mediante este acordo, a Administración autonómica comprométese a atender os avisos nun prazo máximo de 5 días hábiles e a sinalizar a localización dos niños inactivos que non se retirasen para evitar réplicas de avisos.

Os avisos para a retirada de niños deben realizarse chamando ao teléfono 012.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha