Repartidos 50 novos composteiros individuais en Carballo

carballo.org

O Concello de Carballo en colaboración con Sogama completou o reparto de 50 novos composteiros individuais para seguir estendendo as iniciativas de compostaxe por todo o territorio municipal. Coas novas incorporacións son xa 392 as familias da zona rural implicadas na compostaxe, que lles permite dispoñer dun abono de calidade para utilizar nas súas hortas. Carballo segue apostando pola compostaxe como a fórmula máis axeitada para a xestión da denominada quinta fracción dos residuos.