23
Nunha xuntanza que tivo lugar este mércores na Deputación da Coruña, realizouse unha posta en común da iniciativa nunha convocatoria en que asistiu persoal técnico e político das áreas de cultura municipal. “Libros para sermos libres” da como agasallo para conmemorar o Día do Libro. Complétanse con estes 6.000 volumes os 18.0000 que compoñen a iniciativa que, en tres anos, se desenvolveu na totalidade de concellos da Coruña. Neste sentido, os concellos optaron, maiormente, por organizar actos de reparto en espazos públicos moi visitados que van desde centros de saúde a mercados mais, fundamentalmente, escolleron as bibliotecas municipais para conmemorar a data.