Reparto de composteiros entre os veciños de Coristanco

Reparto de composteros en Coristanco_Concello

  • O goberno local entregou este luns 25 colectores e seguirá repartindo máis

O Concello de Coristanco fixo entrega este luns de 25 composteiros entre a veciñanza que os solicitara para participar no programa de compostaxe doméstica da Sociedade Galega de Medio Ambiente-Sogama.

Os asistentes respetaron as recomendacións sanitarias vixentes e, ademais dun manuel de compostaxe, recibiron información sobre o programa da man dunha técnico de Sogama.

Coristanco recibiu novamente outros 100 composteiros, polo que aquelas familias interesadas en participar no programa de compostaxe poden seguir solicitando os colectores a través do teléfono do Concello ou achegándose á Biblioteca Municipal.