37
A Xunta vai distribuír nos próximos días 10.000 máscaras de protección fronte ao coronavirus entre as máis dunha trintena de lonxas asentadas nos peiraos dependentes da comunidade autónoma que manteñen a súa actividade a pesares da declaración do estado de alarma. A finalidade desta medida e que o persoal destas instalacións conte con mellores medios para desenvolver o seu labor en condicións de seguridade e previr así posibles contaxios por coronavirus. Na Costa da Morte as lonxas que seguen operativas e que recibirán este material son a de Camariñas, Malpica, Laxe, Muxía, Fisterra, Corcubión e Camelle.