31
Os ríos Lérez, Miño e Ulla ao seu paso pola provincia de Pontevedra foron repoboados con 3,65 millóns de xuvenís de salmón nos vinte anos que van do presente século para favorecer a recuperación desta especie tras o declive da mesma detectado na década dos noventa. Cómpre sinalar que, neste tempo, recapturáronse máis de 2.000 adultos de salmón marcados e a maioría deles no mesmo río da provincia de Pontevedra onde foron soltados, aínda que tamén se teñen atopado en puntos moi lonxanos, como os ríos Eo, Esva ou Bidasoa, ou no propio mar, como na costa oeste de Irlanda, no Mar de Noruega ao noroeste de Islandia e incluso en Groenlandia, a 4.000 quilómetros de Galicia.