Representación de 17 concellos na xornada sobre contratación organizada por Cegasal en Carballo


Máis de cincuenta representantes políticos e técnicos de 17 concellos reuníronse este mércores en Carballo para participar no primeiro dos almorzos informativos organizados por Cegasal (Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego) dentro da Rede Eusumo para promover o desenvolvemento dunha cultura empresarial inclusiva na Costa da Morte. A entidade, que contou co apoio de Máis Porvir o centro especial de emprego da Asociación Íntegro na organización, valorou moi positivamente a resposta dos concellos da contorna.

O Concello de Carballo estivo representado polo alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Contratación, Milagros Lantes, e persoal técnico de distintos departamentos.