Representación larachesa no 25 aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Cedida.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade celebrou este venres o seu 25 aniversario nun acto desenvolvido na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Nigrán). Contouse coa presenza do alcalde dese municipio e presidente do Fondo, Juan González, o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, o presidente da ANMCV, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, a subdelegada do Goberno en Pontevedra e o presidente da Asociación de Municipios de Cabo Verde.

O Concello da Laracha, que é un dos municipios que integran o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, estivo representado no acto na figura de Mari Carmen Ameijeiras, técnica de servizos sociais.