Representantes da Xunta e do Concello de Malpica visitan en Buño unha das citas máis consolidadas do calendario artesanal galego

Foto: Moncho Fuentes/AGN A Coruña

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou este sábado en Buño na visita institucional á cuadraxésima edición da Mostra da Olería, un dos referentes deste oficio tradicional e núcleo activo de creación e transmisión do mesmo. Na visita tamén estiveron presentes varios concelleiros do Concello de Malpica así como o seu alcalde Eduardo Parga.

Durante o acto, o conselleiro, destacou a relevancia desta feira como unha das citas monográficas máis consolidadas do calendario artesanal, así como o papel de Buño como espazo de recoñecemento á tradición e de impulso a novas xeracións de oleiros. Nese sentido, salientouse o labor que se está a desenvolver a través do programa Aprender da Tradición. Oficios e técnicas, impulsado pola Xunta co obxectivo de garantir a continuidade e a evolución do sector artesanal galego.

Na programación do evento, organizado pola Asociación Oleira de Buño coa colaboración da Deputación da Coruña e as entidades O Quinteiro de Buño e Terras de Buño, inclúense tamén espectáculos musicais, faladoiros e animación para todos os públicos.

Remuda xeracional

Desde 2023, a olería de Buño é un dos focos principais do programa Aprender da Tradición. Oficios e técnicas, unha iniciativa formativa promovida pola Xunta para fomentar a recuperación dos oficios tradicionais, facilitar o relevo xeracional e profesionalizar o sector.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte