Representantes de 15 concellos fórmanse no coidado das súas poboacións de píllara

1 minutes read

A Xunta organizou en Santiago unha xornada técnica formativa para persoal dos concellos incluídos no ámbito de aplicación do Plan de conservación da píllara das dunas co obxectivo de mellorar o seu coñecemento e as destrezas no manexo da poboación nidificante desta especie, unha ave autóctona de Galicia e única existente en todo o sector cantábrico-atlántico español.

Durante a sesión, inaugurada na Escola Galega de Administración Pública pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e á que asistiron representantes de 15 concellos, afondouse nas diferentes medidas e técnicas que se poden executar nas praias de cara a aumentar o éxito reprodutor desta especie, como, por exemplo, a protección de niños mediante parcelas de exclusión ou a implantación de medidas de control de depredadores. De feito, en 87 dos 90 niños que se protexeron o ano pasado instaláronse parcelas de exclusión e nos restantes só foi necesario fixar un perímetro amplo para evitar o acceso de persoas.

Así mesmo e con relación ás medidas de conservación e manexo do hábitat da píllara, a directora xeral incidiu na importancia de realizar balizamentos temporais en áreas críticas, especialmente durante a época reprodutora —entre o 15 de marzo e o 15 de xullo— co obxectivo de evitar perturbacións que impliquen o abandono temporal do niño.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?