O presidente de Petronor e conselleiro de Repsol, Josu Jon Imaz, apuntou que esa cautela investidora pode afectar a dous proxectos estrela nos seus plans de descarbonización: unha planta de hidróxeno de 100 megawatts e outra de producións de combustibles sintéticos no Porto de Bilbao.
«Nunca se dixo que se vai ir de España. O noso aviso é que se non hai un marco regulatorio estable e previsible, adecuado ao noso entorno europeo, loxicamente os investimentos teñen que estar en ‘stand by'», dixo o presidente da compañía, Emiliano López Atxurra, que sostén que o acordo de PSOE e Sumar discrimina o sector enerxético.
Non está de acordo a vicepresidenta económica do Goberno, que apela aos 2.785 millóns de euros que gañou Repsol nos primeiros nove meses deste ano, e di que hai marxe para unha aportación maior.