Repsol instalará un poliduto que conectará Punta Langosteira coa refinería de Meicende

1 minutes read

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, entende como un paso decisivo o anuncio de Repsol de comezar a instalación do poliduto que conectará Punta Langosteira coa refinería de Meicende. Segundo a rexedora, o próximo mes de marzo, tal e como adiantou a entidade enerxética, comezarán os traballos de construción do poliduto, un feito que supón un «avance importante na reordenación da fachada marítima interior».

Lembra que a obra é posible grazas á axilización dos trámites municipais que concederon en 2020 a licenza de obra, cuxa aprobación levaba agardando varios anos. Un proxecto «clave para a seguridade, o medio ambiente e o futuro urbano da Coruña», despois de que o Goberno local a desbloquease.

Esta primeira fase do poliduto forma parte dun proxecto moito maior, o do traslado das instalacións petroleiras de San Diego ao porto exterior de Langosteira, o que «evitará o perigoso tránsito de petroleiros ata o interior da dársena coruñesa, que durante decenios supuxo un risco permanente para o litoral galego», indicou Rey.