Requisadas 209 nasas ilegais en Camelle e Camariñas


Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, desenvolveron distintos operativos por terra, en diferentes portos da comunidade, que se saldaron con importantes comisos e incautacións. Un deles, no porto da lonxa vella de Camariñas, permitiu requisar 88 nasas de ferro ilegais tipo centola e levantar unha acta de presunta infracción ao seu propietario. Mentres, un control no porto de Camelle, tamén en Camariñas, saldouse coa incautación de 121 nasas sen identificar.