Requisados 3.200 quilos de sardiñas na Coruña

1 minutes read

O Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Comandancia da Coruña, incautou un total 3.227 quilos de sardiña na Coruña.

Os feitos ocorreron durante a inspección a un pesqueiro de cerco, enmarcada nos controis da campaña de capturas de sardiña. Os efectivos actuantes, comprobaron que a mencionada embarcación levaba abordo un total de 4.268 kg e non os 1.000 que asentaran no diario de pesca DEA, superando así a marxe de erro permitido, que establece unha deriva máxima do 10%.

Os axentes tamén detectaron, grazas á colaboración coa Sala de Control, as capturas acumuladas durante a semana por este pesqueiro, arroxando un total de 9.227 quilogramos, estando establecido o tope máximo de capturas semanal en 6.000 kg.

As sardiñas incautadas foron entregadas ao Banco de Alimentos Rías Altas da cidade herculina.