Requisan 135 quilos de ameixa en Poio de furtivos

1 minutes read

Axentes da Policía Local de Poio interviñeron un total de 135 quilos de ameixa, capturados de xeito ilegal por furtivos, mentres os repartían entre os familiares. A aprehensión produciuse o xoves e os axentes tiñan constancia de que un grupo organizado se dedicaba “a esquilmar o mar de xeito ilegal e contínuo”.

Así, este caso está relacionado cunha lancha que interviñeron sen ocupantes no municipio pontevedrés hai poucos meses. A operación foi realizada diante do domicilio dos denunciados, onde repartían o bivalbo entre os seus familiares, introducíndoo dun piso a outro e a unha furgoneta alugada que se atopaba na porta. Así, procederon á intervención da mercadoría aos cinco membros dunha mesma familia, que segundo o relato policial, atentaron contra os axentes, tentaron intimidar e mesmo uns deles “alzou un pau de grandes dimensións” e “ameazounos de morte”, polo que solicitaron o apoio da Garda Civil

Con todo, aprehenderon o marisco en sete sacos e procederon á identificación de cinco homes que xa contaban con antecedentes por feitos similares. Posteriormente, o marisco foi pesado e devolto ao mar coa colaboración dos gardapescas de Poio. Aos furtivos impútanlles un suposto delito contra a flora e a fauna, un suposto delito de atentado a axentes da autoridade e un suposto delito de ameazas graves, dando conta deles no xulgado de garda.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?