33
A Costa da Morte foi escenario de diferentes actuacións dos axentes de Gardacostas que tiveron como resultado a aprehensión de preto de 5.000 metros de artes de enmalle, de 36 útiles e de arredor de 80 quilos de marisco e peixe. Malpica rexistrou un dos controis máis relevantes no que os axentes requisaron 3.600 metros de miños que estaban sen identificar, 36 nasas e preto de 70 quilos de peixe e marisco. Tamén na ría de Corme e Laxe comisaron arredor de tres quilos de marisco e un viveiro.