Requisan en Noia ameixa extraída de xeito irregular agochada nunha garrafa de combustible

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron preto de 10 quilos de ameixa xaponesa extraída de xeito irregular durante un operativo desenvolvido no porto do Testal, en Noia. Os efectivos do servizo autonómico interceptaron a unha persoa cando procedía a trasladar unha garrafa de combustible desde a súa embarcación ata o seu vehículo particular e que finalmente resultou ser un depósito falso no que agochaba o marisco extraído de xeito irregular.

Os axentes identificaron ao presunto infractor e levantaron acta de infracción da Lei de Pesca de Galicia ao tempo que incautaron a ameixa atopada para devolvela ao mar. A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso, pide aos consumidores que non merquen produto fóra das canles legais de comercialización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha