As forzas de seguridade requisaron nas últimas horas unhas 100.000 máscaras e outro material de protección médica en diferentes puntos de España. A maioría das incautacións foron en aeroportos, entre eles o de Santiago. En Zaragoza mesmo paralizaron unha poxa de máscaras que se ía realizar por Internet. Tamén houbo unha requisa de 5.500 máscaras na Coruña. E en Vigo a Policía Local incautouse de 40.000 luvas de uso sanitario nun almacén. Todo o material quedou a disposición das autoridades.
Requisan milleiros de máscaras e luvas de uso médico en Galicia
G.C.