Rescatada da neve en Ourense unha familia da Costa da Morte

Unha familia conformada por unha parella da Costa da Morte e os seus dous fillos menores de idade tivo que ser rescatada en Parada de Sil (Ourense), onde a autocaravana na que viaxaban quedou atrapada como consecuencia das intensas nevadas. A Garda Civil de Ourense indicou nun comunicado que Tráfico se ocupou conxuntamente con Protección Civil de todo o operativo. Estas persoas, sinala o comunicado remitido á prensa, trataban de subir aos eólicos do Alto do Rodicio desde Xunqueira de Ambía e nun momento dado viron que a causa do adverso meteorolóxico non podían facelo, pero tampouco se atrevían a retroceder. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha