Os feitos aconteceron ás 10:30 horas da mañá deste luns. Un veciño da vila que estaba a pasear co seu can pola ladeira do río Anllóns na zona de detrás da estación de autobuses atopouse de súpeto co corpo dunha persoa tendida boca abaixo no leito do río. Sen tempo para pensalo deu a voz de alarma e meteuse na auga para auxiliala. Resultou ser unha muller septuaxenaria veciña da vila, e sobre a cal se investigan as causas polas que se producía o suceso, se puido caer de xeito accidental ou se se tiraría voluntariamente por algunha causa. Importante foi tamén a colaboración no rescate dos membros dunha patrulla da Policía Local que acudía ao lugar en auxilio. Tras o rescate da auga, a muller foi arroupada a salvo ata achegada dunha ambulancia medicalizada que a trasladaba do lugar para ser examinada por personal sanitario, dado que presentaba síntomas leves de hipotermia.
0