Rescatada unha condutora despois de que o seu vehículo envorcara en Tomiño

Axencia Galega de Emerxencias 112

Este xoves unha muller tivo que ser rescatada polos Bombeiros do Baixo Miño despois de que o seu vehículo envorcara ao saírse da vía.

O accidente ocorreu preto das 08:30 horas desta mañá cando o vehículo circulaba pola estrada que une Goian e Vilanova de Cerveira, sentido Portugal. O aviso ao 112 Galicia deuno un familiar da vítima, quen estaba atrapada no coche mentres que a este lle estaba entrando auga.

Desde o 112 Galicia alertouse ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros do Baixo Miño. Tamén se puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do GES da Guarda, dos Bombeiros de Vigo e de Protección Civil da localidade.

Finalmente, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que a moza xa fora rescatada e, aparentemente, en bo estado.