Rescatada unha menor inconsciente do Eo na Pontenova

0 minutes read

Evacuada en helicóptero unha rapaza tras ser rescatada inconsciente da auga no Río Eo na Pontenova. Varios particulares informaban ao 112 dunha persoa que necesitaba axuda nese lugar. Segundo a información facilitada un grupo de menores atopábase xogando dentro da auga cando perderon de vista a unha delas. Poucos despois, outro alertante comunicaba que a menor fora localizada e xa estaba fóra da auga pero necesitaba asistencia sanitaria urxente. Garda civil, protección civil e un helicóptero medicalizado desprazáronse ata o lugar. A menor foi evacuada ao Hospital de Lugo.