- A vítima, unha muller de avanzada idade, tivo que ser trasladada ao CHUAC debido a un traumatismo na cabeza
Unha muller de avanzada idade tivo que ser rescatada polo Bombeiros de Carballo e a Policía Local da Laracha despois de precipitarse por un desnivel duns catro metros de altura no lugar de A Pedreira, na parroquia larachesa de Caión. O incidente produciuse preto da unha menos cuarto deste xoves.
Os Bombeiros tiveron que inmobilizar a vítima nunha padiola de rescate para poder trasladala ata a ambulancia, que se atopaba a uns cen metros do punto da caída. O traslado realizouse a través dunha finca con desnivel debido á dificultade dos sanitarios de achegarse ata o propio lugar dos feitos.
A muller presentaba, según fontes do 061, un traumatismo na cabeza e tamén se queixaba dun costado. Finalmente foi traslada ao CHUAC da Coruña.