Rescatada unha muller no monte en Brión

GES de Brión.

Os servizos de emerxencias rescataron este martes a unha muller que sufriu unha caída cando se atopaba nunha zona de monte no concello de Brión, preto do río Pego.

De acordo coa información facilitada polos equipos de intervención ao 112 Galicia, tratábase dunha zona de difícil acceso, o que dificultaba a aproximación da ambulancia ata o lugar exacto. Unha vez no punto, os membros do GES de Brión confirmaron que foi necesaria a colaboración entre os equipos de intervención para acceder á ferida e trasladala ata a zona onde lle esperaba o vehículo de urxencias sanitarias.

Posteriormente, a muller foi evacuada a un centro hospitalario. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia púxose a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, do GES de Brión e dos axentes da Policía Local.