Rescatada unha persoa en Ferrol dunha embarcación en apuros


Varios particulares chamaban ao 112 Galicia na mañá deste mércores para dar conta dunha persoa que pedía auxilio, na zona dos espigóns da Praia de Caranza.

Nada máis ter coñecemento da situación, o 112 Galicia informaba a o Servizos de Salvamento Marítimo e Garda Costas de Galicia. Así mesmo, solicitaba a intervención por terra dos profesionais sanitarios, dos axentes da Policía Nacional, Local e dos Bombeiros e Protección Civil da localidade.

Aos poucos minutos, os prácticos de Ferrol localizaban, grazas ás indicacións que se recibían desde terra, á persoa e confirmaban o seu rescate.