Rescatada unha persoa que caera no embalse de Meicende, en Arteixo

1 minutes read
  • A vítima, que se atopaba a flote, foi rescatada polos propios veciños que se encontraban preto do lugar

Unha persoa foi rescatada ao caer á auga no embalse de Meicende, no concello coruñés de Arteixo, sobre as 22:30 h. da noite deste pasado venres.

Os axentes da Policía Local de Arteixo foron os que deron o aviso ao 112 Galicia e, de contado, estes puxeron en alerta ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Arteixo, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Segundo a información facilitada polos Bombeiros ao 112 Galicia, foron os propios veciños que se encontraban preto do lugar quen rescataron á vítima, que se atopaba a flote, polo que, finalmente, non foi precisa a intervención dos medios de rescate.

Nada mais ser rescatada, os profesionais sanitarios encargáronse da evacuación da persoa ata o Completo Hospitalario Universitario da Coruña.