Rescatadas dúas persoas dunha embarcación preto de Muxía

1 minutes read

Unha embarcación de Protección Civil de Muxía remolcou a un veleiro con dúas persoas a bordo ata o Porto de Muxía.

Todo comezou ás 11:45 horas da mañá deste sábado, cando un tripulante da embarcación chamaba ao 112 Galicia para dar conta do sucedido. Indicaba que o veleiro sufrira unha avaría no motor cando se atopaban a unha milla entre a bocana e a Virxe da Barca, preto do porto da localidade.

Con estes datos, os xestores de emerxencias do 112 Galicia poñían os suceso en coñecemento do Servizo de Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. Ademais, alertaron aos axentes da Garda Civil e Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade, que se desprazaron ata o punto cunha embarcación.

Finalmente, o veleiro foi trasladado ata o porto de Muxía sen que ningún dos tripulantes precisara asistencia sanitaria.