Rescatadas tres persoas do interior dun coche accidentado en Ponteceso

1 minutes read

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes do mediodía deste xoves no lugar de Langueirón, en Ponteceso. Quenes acudiron para socorrer aos ocupantes prestáronse voluntarios para darlle a volta ao coche, pero agardaron a chegada dos membros do GES de Ponteceso, que utilizaron a porta traseira do vehículo para sacar as persoas.

Dos tres ocupantes, dous necesitaron evacuación médica. De feito, foron trasladados por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, nun primeiro momento, ao Punto de Atención Continuada do Centro de Saúde da localidade.

Desde o 112 Galicia avisouse, tamén, aos Bombeiros de Bergantiños, pero os ocupantes xa estaban fóra do coche e recibindo a atención médica. Igualmente, contouse coa colaboración dos axentes de seguridade, concretamente da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Ponteceso.