O suceso tivo lugar este domingo, unha persoa particular comunicaba os feitos ao 112 Galicia. Indicaba que acaba de ver envorcar unha lancha, na praia da Rapadoira, no concello lucense de Foz, e que os seus tripulantes atopábanse na auga con dificultades de volver a terra.
Así, de inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia, que derivou un helicóptero cara a zona.
Con todo, foron informados os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Ademais, dúas embarcacións da zona tamén formaron parte do dispositivo posto en marcha para rescatar ás tres persoas.
Finalmente, unha embarcación puido rescatar aos tripulantes e levalos ata o Porto de San Cosme de Barreiros, lugar onde deixaran os seus coches particulares antes de saír a navegar.